lunes, 20 de febrero de 2012

En plantilla de paxariño

A todo isto, temos que falar da reforma laboral. Hai moitos vericuetos. Hai moitas fórmulas, pero sobre todo, a fórmula maior é a urxencia. E tamén a impunidade coa que poden realizala. A cohartada da crise serve para poderen aplicar máis rápidamente as reformas.
Tamén habería que falar da manifestación dos sindicatos centrais españois. Mais parécenos que non é de recibo tentar facer unha manifa a nivel galego para o un de marzal. Xa estamos dabondo urxidos, para ter que agardar a dentro dunha semana e pico. Hai que sair a botar contas agora mesmo, se non queremos perder o pouquiño que poidamos ter colleitado nestes anos, que, certamente, ben pouco é.